A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai ser este sábado 7 de novembro o escenario da función Voo, de Teatro ao Cubo, unha proposta escénica encadrada no marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Será ás 19.00 horas.
Trátase dunha obra para maiores de 3 anos.
A entrada será de balde ata completar a capacidade, con recollida de convites desde unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
Voo é o novo espectáculo de Teatro O Cubo, unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás.
Inspiradas por esta utopía, dúas personaxes lanzaranse á procura do ceo envolvendo ao público na ingravidez e na fantasía. Comezarán con ilusión e asombro, entrará en xogo a esixencia e a avidez polo éxito e pasarán por a outros lugares como a convivencia, a amizade e o descubrimento do goce de soñar alto sen ter que gañar ou perder. A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.




