Credencial Gastro convida en Pontecesures a descubrir a descubrir a calidade dos produtos galegos a través das tapas

02 Novembro 2026

O proxecto Credencial Gastro chega este venres 6 de novembro, ás 12.00 horas, á Feira de Pontecesures cunha proposta gastronómica gratuíta e de libre acceso que convida a descubrir os produtos galegos de calidade diferenciada certificada a través de diferentes tapas. Os asistentes poderán poñer a proba o seu padal para identificar que produtos amparados por selos de calidade se atopan en cada elaboración.

A dinámica é sinxela: cada participante poderá elixir entre catro tipos de tapa (carne, peixe, vexetal ou doce) e recibirá unha credencial asociada á súa elección. Tras realizar a degustación, deberá identificar os tres produtos con selo de calidade presentes na elaboración, seleccionándoos entre oito opcións propostas para cada tapa. Todos eles pertencen ao conxunto de 38 selos de calidade diferenciada que certifica a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) a través da súa iniciativa Aquí Sabemos, entre os que se atopan os produtos con Denominación de Orixe Protexida (DOP) e os de Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

Máis aló de gozar da proposta gastronómica, Credencial Gastro busca promover unha cata consciente e repousada, que convida a deterse nos sabores, recoñecer os ingredientes e coñecer o valor dos produtos galegos amparados por selos de calidade. A experiencia pretende achegar estas certificacións ao público dunha forma participativa, lúdica e accesíbel.

Quen supere o reto poderá optar a diferentes recompensas, desde mostras de produtos e obsequios promocionais ata un lote de produtos de Aquí Sabemos.

A campaña ten como obxectivo “promover a gastronomía galega e dar a coñecer a calidade e excelencia dos produtos certificados”. Para iso, o espazo da actividade contará con información detallada sobre os mesmos, que tamén poderá consultarse na web do proxecto, credencialgastro.es.

Tras o seu paso por Pontecesures, Credencial Gastro continuará o seu percorrido este mesmo venres, ás 19.00 horas, no Ximnasio Municipal de Boqueixón. A seguinte parada será o sábado 7 de novembro, a partir das 13.30 horas, na celebración de San Martiño, en Visantoña (concello de Mesía).

O proxecto está enmarcado no programa O Teu Xacobeo, co-financiado pola Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Axencia Galega dá Calidade Alimentaria (AGACAL).

Outros artigos

As Xornadas de Valle-Inclán pechan con éxito e saldo "positivo" A asistencia rexistró niveis similiares aos doutros anos e o teatro volveu a ser o principal reclamo A vixésimo oitava edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán en A Pobra do Caramiñal baixou o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.