
A Real e Ilustre Confraría da Dorna emitiu un comunicado no que fai balance da xuntanza convocada para este domingo 1 de novembro, na que, malia ser desenvolvida en festivo, conseguiuse (en materia de participación) unha resposta sen precedente entre os/as membros da nosa comunidade dorneira.
O principal asunto a tratar foi a situación de “afogo administrativo” á que, segundo denuncia a Confraría, é sometido o traballo das e dos organizadoras/es da celebración (cada ano) por parte do Concello de Ribeira e máis de Portos de Galicia. A xuntanza aberta convocada saldouse cunha resposta unánime de apoio á directiva por parte das persoas socias e peñeiras da Confraría.
“Queremos agradecer todos eses folgos; axúdannos a seguir adiante”, sinalaron.
Entre as intervencións destacaron a de antigos/as presidentes/as da Confraría; fundadores da asociación; antigos membros de directivas; e moitos/as outros as socios/as.
“Seguiremos traballando pola Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna e polo noso patrimonio material e inmaterial, e que viva a Festa da Dorna”, concluíu a entidade no seu comunicado.



