O Concello de Boiro retoma os cursos da UNED Senior

19 Xuño 2020

O Concello de Boiro retoma a vindeira semana os cursos de formación da UNED Senior que se paralizaron durante o Estado de Alarma pola COVID-19. Neste semestre, ao servizo das persoas maiores do termo municipal, impartirase a modalidade de cultivo de hortalizas todo o ano.

Segundo lembra o Concello, o curso comezou no mes de marzo e estaba previsto que rematase agora estes días de xuño. Porén, por mor da pandemia do coronavirus, só foi posíbel impartir unha clase. A formación reiniciase finalmente o vindeiro martes 23 de xuño en horario de 18.00 a 22.00 horas.

As clases teóricas vanse impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e, para as clases prácticas, acondicionouse un espazo na finca de Goiáns, na que os asistentes ao curso van a poñer en práctica os coñecementos sobre cultivo ecolóxico de hortalizas adquiridos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.