O Polideportivo Municipal da Silva vai dar acollida este sábado 31 de agosto á celebración do Magosto Meigo Solidario, unha festa encadrada na conmemoración do Samaín e do outono que será desenvolvida en colaboración con Cruz Vermella de Noia.
Haberá castañas, chourizos, obradoiros, xogos tradicionais e animación musical (Javi Solla, A.C. Son do Pote, A.F. Canceló de Camboño, Cantareiras da UNED Senior).
Faise un chamamento á rapazada a acudir disfrazada e ás familias a colaborar traendo produtos de hixiene persoal ou de limpeza do fogar.
A festa dará comezo ás 17.00 e prolongarase aproximadamente ata as 20.00 horas.




