A contorna da Casa Consistorial da Pobra acolleu este xoves 29 ao mediodía a celebración dun minuto de silencio gardado en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo).
O Concello da Pobra do Caramiñal expresou o seu máis profundo pesar por esta traxedia e traslada as súas máis sentidas condolencias ás familias, amizades e persoas achegadas das vítimas.
“Nestes momentos de inmensa dor, queremos facerlles chegar todo o noso agarimo e solidariedade, así como desexar unha pronta recuperación ás persoas feridas. Facemos extensivo o noso recoñecemento aos equipos sanitarios e de emerxencias que traballan na atención ás persoas afectadas”, engadiu o Concello nun comunicado, apuntando que “desde A Pobra, acompañamos na dor a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias deste terríbel suceso”.




