
O Concello de Boiro recibiu da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes unha subvención mediante a que se vén de adquirir un novo vehículo para a Policía Local. O alcalde, José Ramén Romero, fixo a recepción (na mañá deste mércores 28 de outubro) o vehículo xunto con axentes da Policía Local.
Trátase dun vehículo etiqueta ECO destinado á Policía Local que inclúe dron, cámara térmica e kit medioambiental de analíticas. “Coa adquisición deste vehículo non so melloramos a flota de vehículos do corpo da Policía, senón que tamén equipamos aos axentes de novas ferramentas que lles facilitan o desenvolvemento do seu traballo diario”, destacou o alcalde.
O importe total do investimento ascende aos 50.245,32 euros e o Concello de Boiro recibe da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes 32.000 euros para o financiamento do mesmo mediante o Fondo de Compensación Ambiental.



