O alumnado do Obradoiro Tahume XI reforza no Son a súa formación forestal e en carpintaría

26 Outubro 2026

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polo Concello do Son e o de Ribeira, continúa avanzando este mes de outubro na súa formación práctica a través de diferentes actividades que combinan a adquisición de competencias profesionais coa realización de actuacións de utilidade nos dous termos municipais.

Nas últimas semanas, o alumnado da especialidade de Actividades Auxiliares en Aproveitamentos Forestais participou en xornadas formativas sobre a técnica do resinado nos montes de Baroña, unha iniciativa levada a cabo en colaboración da Comunidade de Montes de Baroña. Esta actividade forma parte da formación correspondente ao certificado de profesionalidade AGAR0209 e permite coñecer de primeira man este aproveitamento forestal tradicional, adquirindo coñecementos e destrezas directamente sobre o terreo.

Pola súa banda, o alumnado da especialidade de carpintería continúa cos traballos de fabricación dos novos peches para os colectores do lixo, que se instalarán nas distintas parroquias do Concello. Esta actuación contribuirá a mellorar a integración destes elementos na contorna e a imaxe dos espazos públicos.

Deste xeito, o Obradoiro de Emprego Tahume XI mantén o seu compromiso cunha formación eminentemente práctica, que facilita a aprendizaxe de técnicas profesionais e, ao mesmo tempo, impulsa actuacións que repercuten positivamente na mellora dos servizos e dos espazos municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.