O Concello de Rianxo, a través da Área de Cultura municipal, compartiu a súa axenda de actividades para esta última semana de outubro e para comezos de outubro, unha semana marcada pola celebración do Samaín (na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, e tamén nos días previos). Para celebrar a festa de Todos os Santos, o Concello púxose a disposición da Asociación A Moreniña e prepararon de xeito conxunto un completo (e estarrecedor) programa de propostas para todas as idades, pero principalmente para a rapazada e para a mocidade.
Venres 30
-Casa do Terror (18.00-21.00 h, Aula Activa do Mar)
-Sesión de realidade virtual Arena vs Zombies (18.30-22.30 h, Cuartel Vello)
-Ruada con pirotecnia Errantes (21.00 h)
-Festa do Samaín con DJ Fagas, Xinho e Soundivan (22.00 h, Campo de Arriba)
Sábado 31
Casa do Terror (18.00-21.00 h)
-Sesión de realidade virtual Arena vs Zombies (10.00-14.00 h e 18.30-22.30 h)
-Obradoiros de cabazos e inchábeis (17.00-20.00 h, praza Virxe de Guadalupe)
-Cacharela Folc con Os Mersenarios, queimada, foliada e pinchada de Remexidos (23.00 h, bar A Motora).
Domingo 1
-Sesión de realidade virtual Arena vs Zombies (16.30-20.30 h, Cuartel Vello)

Magosto no Araño
Ademais das actividades de Samaín organizadas por A Moreniña en colaboración co Concello, o sábado 31 de outubro a veciñanza de Araño vai celebrar un magosto para dar a benvida como se merece ao outono. Será ás 16.00 horas no Centro Sociocultural da Capela. Haberá xogos tradicionais, un concurso de cabazas, un campionato de bebedores en bota de viño, gastronomía tradicional, música (Os Pequenos do Barbansa) e un karaoke infantil.

Exposición Cores de vida
Estes días tamén podemos contemplar a exposición dos óleos de Gislene de Oliveira da Silva. Sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Horarios: luns de 10.00 a 14.00 h; de martes a sábado de 11.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
Mostra Virxinia Pereira
Ata o 30 de xaneiro poderemos contemplar tamén na praza de Padrón (Rianxo) a exposición Virxina Pereira. Dez voltas na vida. É unha mostra sobre a vida e o legado dunha muller esencial na historia de Galicia, a compañeira do escritor, debuxante e político rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.



