
A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da Coruña, que destina 954.642,25 euros para o municipio boirense e que se vai investir en dous proxectos de obras: a ampliación das salas fitness no Complexo Deportivo da Cachada, cun importe de 455.542,92 euros e a renovación do céspede de herba artificial e mellora da cuberta das gradas no Campo de Fútbol de Vista Alegre. Esta actuación ascende aos 362.998,26 euros. O importe restante da suma deses proxectos, 136.101,07 euros, destinarase ao gasto corrente.
Votacións da sesión
1. Aprobación da acta da sesión plenaria ordinaria do 17 de setembro de 2026 – aprobación con 11 votos a favor (PSOE + BNG), 1 en contra (Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).
2. Modificación de créditos. Transferencia de crédito 16/2026-TC – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 7 abstencións (PP e BNG).
3. POS+ adicional 4/2026 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 3 en contra (BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).
4. Aprobación do 2º informe do PACES – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 7 abstencións (PP e BNG).
5. Moción do grupo municipal Boiro Novo/Mixto para evitar a especulación coa vivenda, aumentar a oferta de vivenda protexida e o alugueiro social – rexeitada con 8 votos a favor (PP, BNG e Boiro Novo) e 9 votos en contra (PSOE).
6. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co canon da auga – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 7 en contra (PP e BNG) e 1 abstención (Boiro Novo).



