Unhas 4.000 persoas concentradas na coruñesa praza de María Pita rexeitaron a celebración na mesma praza dun acto organizado por Vox. Dúas das persoas concentradas foron detidas e unha ducia feridas durante os disturbios e cargas policiais producidas no marco desta manifestación antifascista levada a cabo en protesta contra a presencia nese acto do líder de Vox, Santiago Abascal.
Após un cordón formado por unha ducia de vehículos da Policía Nacional posicionados nas inmediacións do palacio municipal, os manifestantes, convocados por organizacións estudantís, Galiza Nova e o Sindicato de Inquilinas, entre outras, berraron consignas como “A Coruña é antifascista” ou “Non sodes nada sen a Policía” sen que se produciran incidentes. Ao remate do acto de Vox rexistrouse unha carga da policía contra parte dos manifestantes.
Santiago Abascal dixo, en relación coa protesta contra da súa formación polític, que “non hai coacción” que poida con eles referíndose a esa protesta que, segundo comentou ao remate do acto, porque a presencia dos manifestantes non lles da “ningún medo”. Reivindicou que con un cambio de Goberno “non será posíbel acosar aos cidadáns e acudir ás prazas a impedir que a xente poida expresarse en liberdade”.
Durante o acto houbo lanzamento de pedras, ovos e petardosque a Policpia fesoostou con botes de fume, pelotas de goma e as citadas cargas.




