
O CEIP Santa Baia de Boiro vai acoller este luns 19 de outubro unha nova charla encadrada nas actividades do programa local EnClave, impulsado polo Concello. Será ás 18.30 horas, con inscrición previa, e estará dirixida ás familias, baixo o epígrafe Límites que coidan e dan seguridade.
Abordaranse diferentes metodoloxías de aplicación a nivel familiar para axudar no desenvolvemento das crianzas e dos adolescentes: como acompañar límites, normas e conflitos nas diferentes etapas da crianza sen romper os vínculos.
A actividade encádrase como dixemos bunha nova edición do Proxecto EnClave, programa municipal de educación, igualdade e saúde con actividades que se desenvolven nos centros de primaria e secundaria do termo.
Trátase dunha iniciativa pioneira e innovadora que naceu no ano 2021 a raíz das problemáticas detectadas na pandemia e que foi galardoado na pasada edición no IX Concurso de Boas Prácticas Municipais na prevención e intervención fronte ao absentismo e na mellora da convivencia escolar convocado pola FEMP e o Ministerio de Educación.
O Proxecto EnClave, no que o Concello inviste nesta anualidade 65.482,5 euros, traballa sobre as necesidades detectadas nos centros educativos como a saúde mental, o acoso escolar, a detección dislexia e TDA/H… proporcionando ferramentas ao alumnado e ás familias para solucionar posíbeis problemáticas e conflitos.
“



