UCIN denuncia “as colas quilométricas” e “a falta de avisos no corte da AC-305 por obras de asfaltado” ao seu paso por Boiro

19 Outubro 2026


UCIN Boiro denuncia que a AC-305 ao seu paso por Boiro “foi cortada esta mañá por traballos de asfaltado sen ningún aviso previo a veciños nin condutores”. A agrupación engade que “a falta de información provocou colas quilométricas e un importante colapso do tráfico na zona”, e que “moitas persoas atopáronse co corte ao chegar, sen posibilidade de alternativa nin de planificar o seu desprazamento”.

As consecuencias, din, “foron atrasos no traballo, dificultades para levar aos nenos aos centros educativos e problemas para chegar a citas médicas”.

Para UCIN Boiro, “nunha vía de tanto tránsito, un corte destas características afecta a miles de persoas” e “unha actuación deste tipo debe planificarse e comunicarse con antelación, con información clara sobre datas, horarios e desvíos”.

Critican tamén que malia non ser responsábel da obra “o Concello de Boiro non informara do corte malia dispor de redes sociais e outras canles de comunicación que utiliza acotío”.

“Non cuestionamos que se asfalte, que é necesario, senón que se faga ás costas dos veciños”, sinala o coordinador de UCIN Boiro. “Informar é unha obriga básica, e máis cando hai ferramentas para facelo de forma inmediata e gratuíta”.

Por todo iso, UCIN Boiro esixe que se expliquen os motivos desta falta de comunicación e que, en futuras obras en vías principais, avísese coa debida antelación a través de todas as canles dispoñíbeis, así como con sinalización suficiente na propia estrada.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.