
Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids. Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico, solidario e non competitivo dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Segundo fixo saber este xoves 15 a organización da proba (a firma Nokao e e o Concello de Rianxo) contarase coa participación de ata 300 nenas e nenos.
Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico, solidario e non competitivo dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. A proposta está pensada para que os máis pequenos gocen da actividade física nun ambiente familiar, con percorridos adaptados á súa idade no entorno da praza Castelao. Amais, terá vertente solidaria: o dobre do recadado coas inscricións destinarase a Cruz Vermella grazas ao apoio de Banco Mediolanum e do proxecto Mediolanum Aproxima.
A proposta está pensada para que os máis pequenos gocen da actividade física nun ambiente familiar, con percorridos adaptados á súa idade. Os participantes de 3 a 5 anos completarán un trazado de aproximadamente 500 metros, mentres que os de 6 a 12 anos realizarán un percorrido duns 900 metros.
A inscrición ten un prezo de 8 euros e inclúe camiseta e medalla finisher.
Máis información e inscricións en Deporticket.com.
Para quen non o saiba, Gladiator Kids é a versión adaptada para os máis pequenos do coñecido evento de resistencia Gladiator Race. A distancia a percorrer pola rapazada participante depende do grupo de idade, cun circuíto duns 500 metros para os máis pequenos (de 3 a 5 anos) e de entre 800 e 900 metros para os maiores (de 6 a 12 anos). O itinerario inclúe retos adaptados como zonas para reptar, rodas, valados, pequenas pirámides e barras de equilibrio.



