A Real Academia Galega celebra este xoves en Cambados o centenario da publicación de ‘O Mariscal’

14 Outubro 2026

O ciclo Momentos da cultura galega da Real Academia Galega elixiu o centenario da publicación da obra teatral O Mariscal, escrita a catro mans por Antón Vilar Ponte (1881-1936) e Ramón Cabanillas (1876-1959), como eixe do seu encontro anual. A xornada, de entrada libre, terá lugar este xoves, 15 de outubro, no Museo Ramón Cabanillas (Cambados) a partir das 16:30 horas. Poderá seguirse tamén en directo en academia.gal e na canle de Youtube da RAG.

O director da Sección de Historia da RAG e coordinador do programa, Ramón Villares, inaugurará o encontro xunto ao deputado de Novas Tecnoloxía e Contratación da Deputación de Pontevedra, Ricardo Martínez, e concelleiro de Cultura, Ensino e Patrimonio do Concello de Cambados, Liso González, en representación das institucións que apoian a organización do foro.

Vilar Ponte e Ramón Cabanillas, ARAG

A Sección de Historia propón con esta cita afondar na Galicia do primeiro terzo do século XX a través dun texto que contribuíu a consolidar a figura do mariscal Pardo de Cela (1425-1483) como un símbolo das liberdades galegas. O académico Pegerto Saavedra trazará no primeiro relatorio un retrato do nobre baseado nas fontes históricas. Distan estas dos ecos populares e literariosque alimentaron a súa mitificación xa desde pouco tempo despois de que fose decapitado pola súa oposición ao poder dos Reis Católicos.

O investigador viveirés Emilio Ínsua, especialista na figura de Vilar Ponte, exporá na seguinte intervención o contexto cultural da década de 1920 en que viu a luz O Mariscal. O profesor da Universidade da Coruña Antonio de Toro afondará pola súa banda na influencia do teatro irlandés no novo drama galego do primeiro terzo do século pasado; e a profesora de piano Nelly Iglesias Ríos participará cunha contribución sobre a adaptación operística da obra literararia que realizou o arquitecto coruñés Eduardo Rodríguez Losada (1886-1973), a quen lle dedicou a súa tese de doutoramento. A tarde concluirá cunha visita ao Museo de Cabanillas guiada polo académico Francisco Fernández Rei.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.