
Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia.
Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado para a celebración da festa de Todos os Santos.
Para os nenos e nenas de ata 10 anos achegaráselles a opción de desfrutar do Tren Infantil do Medo, que percorrerá distintos puntos da vila “con paradas cheas de sustos, sorpresas e momentos terroríficos”, infornou o Concello.
Ademais, haberá espazo para a creatividade cun obradoiro infantil de cabazas e a decoración dos Xardíns Felipe de Castro, que tamén se prepararán para a ocasión.
Nas vindeiras datas o Concello irá compartindo máis información sobre as actividades, horarios e participación.
Dende o Consistorio agradeceron o traballo e a implicación do equipo de voluntarios e voluntarias que xa están a preparar esta nova edición do Samaín en Noia.



