ADEGA impulsa preto de 40 limpezas simultáneas de praias esta fin de semana (incluídos areais de Carnota, Muros, Noia, O Son e A Pobra)

14 Outubro 2026

A asociación ecoloxista ADEGA pon a punto a XV Limpeza Simultánea de Praias, que terá lugar nun total de 22 concellos da costa galega ao longo desta fin de semana, 16, 17 e 18 de outubro, baixo o lema Únete á marea!. Nela participarán case 40 entidades, entre asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino. Moitas destas entidades son participantes asiduas neste tipo de limpezas, “mais tamén hai novas entidades que se suman agora por primeira vez a esta gran convocatoria do voluntariado galego”, informou ADEGA.

Pola contorna do Barbanza e Muros-Noia participarán o CEIP RAmón de Artaxa (Muros), o CEIP Ricardo Tobío (Muros), ADEGA Compostela (en Muros), a Asociación Cultural Mar de Muros (Muros), Noia Limpa (Noia). a Asociación de Veciños A Insuela de Panchés (Carnota), a Asociación de Veciños de Insua – Lariño (Carnota), o Concello da Pobra do Caramiñal (A Pobra), o CEIP do Porto do Son, AFEDIX Santiago (no Porto do Son) e o CEIP de Portosín (O Son).

Entre os concellos colaboradores atópase novamente o de Muros. Tamén a asociación ambiental Noia Limpa.

Segundo explica ADEGA, “son chamados a participar nesta cita anual centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares”.

As limpezas mobilizarán numeroso voluntariado ambiental que se desprazará a praias de toda a costa galega para contribuír a deixalas libres de lixo.

Mapa de limpezas

Para facilitar a inscrición de persoas, ADEGA pon a disposición un mapa con todas as convocatorias previstas ao longo da costa galega. Aquelas que estean impulsadas por grupos abertos que permitan inscrición contarán coa información de contacto necesaria para unirse á limpeza; e nas redes sociais de cada entidade organizadora tamén estará dispoñíbel a toda a información. ADEGA chama a todas as persoas que queiran participar nesta gran xornada de voluntariado “a procurar no mapa a súa praia máis próxima e a contactar coa asociación ou concello que organiza a limpeza nela”.

As limpezas serán ecolóxicas, non mecanizadas, e tratarán de eliminar boa parte dos residuos que están nas praias, coa idea de chamar a atención da sociedade sobre a contaminación procedente de terra adentro.

ADEGA lembra que as principais causas desta problemática ambiental débense situar no modelo de consumo e produción baseado no “usar e tirar”, na deficiente xestión dos residuos que xeramos e na falta de concienciación dalgúns sectores da poboación. Todo iso provoca que, cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, procedentes, en parte, da industria do mar (pesca, extraccións…), pero tamén dos nosos fogares.

Nesta 15ª edición, colaboran na Limpeza Simultánea de Praias os concellos de Ares, Cangas, Fene, Muros, Nigrán e O Grove.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.