O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

14 Outubro 2026

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no Centro Social de Boiro ás 19.00 horas o documental 360 curvas, dirixido por Alejandro Gándara, Ariadna Silva Fernández.

360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Este camiño longo, difícil e descendente entre montañas, reflicte o declive dun lugar que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia nunhas revoltas sen precedentes coñecidas como As Movidas. Narrada entre un pasado e un presente non tan afastados, esta é a historia dunha comunidade rural que se nega a desaparecer.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.