
Empregada por colectivos franquistas intimamente vencellados a estes, mais á marxe oficial da Falanxe pero formando parte do colectivo de apoio requeté (armado ao igual que a citada falanxe) a Cruz de Borgoña formou parte da simboloxía franquista que semella recuperar agora un certo protagonismo perdido xa no último decenio de Francisco Franco á fronte do Goberno español.
A de Borgoña é unha cruz vermella en forma de aspa con dúas liñas que se cruzan diagonalmente e con nós ou gallas recurtadas que se superpoñen sobre un fondo branco que dan xeito de actualidade a unha protesta protagonizada fundamentalmente por rapaces -moitos deles sen idade para votar e, menos aínda, para coñecer o significado do que pregoan e mesmo cantan- que teñen coma obxectivo básico insultar a Pedro Sánchez e ao PSOE e calquera outra simboloxía contraria ao PP e Vox tal e como se significou o pasado luns ao remate do tradicional desfile militar celebrado en Madrid a non moitos metros do distancia do acampamento instalado na Porta do Sol polo Sindicato de Inquilinos.
Para min que a maioría dos que portaban a bandeira citada descoñecen que é o que flamexan ao vento con tanto afán coma empeño.
A Cruz de Borgoña foi introducida en España por Felipe el Hermoso a comezos do século XVI , mentres que o seu fillo Carlos I contribuíu a popularizala como emblema dos exércitos españois, incluídos os famosos Terzos de Flandes.
Esta Cruz foi adoptada posteriormente por sectores carlistas defensores dunha monarquía tradicional que rexeitaba os liberalismo e defendia os dereitos dinásticos de Carlos María Isidro e os seus sucesores, converténdose co tempo nun dos seus símbolos máis arraigados.
Durante o século XX, na época franquista, a organización paramilitar carlista empregou ese símbolo durante a Guerra Civil no bando sublevado, momento no que adquiriu connotacións ultraconservadoras vencellándose á extrema dereita.
En determinados ambientes políticos, a Cruz de Borgoña expresa unha identidade nacionalista española monárquica ou vencellada á extrema dereita ligada aos requetés.



