
O presidente do Partido Popular da provincia da Coruña, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral provincial, Evaristo Ben, participou hoxe na reunión comarcal do Partido Popular celebrada en Ribeira.
Durante o encontro, Calvo destacou “o traballo de María Sampedro durante o seu primeiro ano á fronte do Goberno municipal”, poñendo o foco “na importancia da estabilidade e dunha xestión centrada nas necesidades dos veciños”, comentou, engadindo que “María demostrou en só un ano a importancia de contar cun Goberno estable, centrado nos veciños e que deixa de lado os enfrontamentos e as polémicas”.
O presidente provincial tamén incidiu na importancia das próximas eleccións xerais e no seu papel como antesala das municipais de maio. Neste sentido, subliñou “a necesidade de traballar desde o ámbito local, reforzar os equipos e manter o contacto directo cos veciños para afrontar as próximas citas electorais”.



