O sábado 17 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama e os nosos concellos preparan diversas actividades para visualizar esta problemática. No de Boiro o Concello e máis a delegación local da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) celebrarán unha cadea humana para conmemorar a xornada. Será a partir das 18.00 horas na rúa peonil. As entidades organizadoras fan un chamamento á veciñanza a participar e lograr deste xeito a máxima repercusión na mensaxe de unidade e solidariedade. A cita, que se prevé multitudinaria, será diante do Mercado Municipal (na rúa Peonil).




