AMEGA leva ás tres universidades galegas o debate sobre o presente e o futuro do xornalismo

13 Outubro 2026

O ciclo ‘Os medios do futuro comezan nas aulas’ percorrerá A Coruña, Santiago e Pontevedra para tender pontes entre as redaccións e o estudantado ante retos como a intelixencia artificial ou os novos modelos de negocio.

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que forma parte O Barbanza e Código Cero, co patrocinio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, organiza tres xornadas presenciais nas universidades galegas co obxectivo de conectar o estudantado, o sector profesional, o ámbito académico e a Administración pública. O ciclo busca ofrecer respostas a un momento de transformación profunda marcado polos cambios nos hábitos de consumo, o impacto das redes sociais, a desinformación e a irrupción da intelixencia artificial.

Os tres faladoiros contarán coa presenza do secretario xeral da lingua, Valentín García Gómez, e abordarán o panorama comunicativo galego desde perspectivas históricas, de xénero e de innovación dixital.

Calendario e contidos dos encontros

  • Mércores 14 | Facultade de Ciencias da Comunicación (UDC, A Coruña)
    • Título: ‘150 anos do Tío Marcos da Portela’
    • Temática: Percorrido polo nacemento do xornalismo en galego, o seu papel na normalización lingüística ao longo do último século e medio, e a evolución da profesión ata o impacto actual da intelixencia artificial.
    • Participantes: Xosé López García (catedrático da USC) xunto aos xornalistas Xurxo Salgado Teijido (Galicia Confidencial) e Silvia Carregal Martínez (As Nosas e Ártabra Comunicación).
  • Xoves 15 | Facultade de Ciencias da Comunicación (USC, Santiago de Compostela)
    • Título: ‘Begoña Caamaño e as mulleres nos medios en galego’
    • Temática: Homenaxe á memoria das pioneiras do xornalismo galego e ao legado de Begoña Caamaño, analizando a igualdade nas redaccións, o liderado feminino, a representación informativa e os nesgos de xénero.
    • Participantes: Ana Romaní Blanco (Real Academia Galega), Lucía Junquera Pazos (Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia) e Laura Moure Miguélez (Ecos da Comarca).
  • Luns 19 | Facultade de Comunicación (UVigo, Campus de Pontevedra)
    • Título: ‘Os medios en galego ante os novos retos da comunicación’
    • Temática: Debate sobre o deseño dos medios que precisan as novas xeracións, poñendo o foco en conceptos crave como a confianza, a proximidade, a especialización e as novas narrativas fronte á desinformación.
    • Participantes: Xosé Baamonde Silva (profesor da UVigo), María Cruz Negreira Rey (profesora da USC), Manuel Gago Mariño (representante do Consello da Cultura Galega) e Laura Filloy Martínez (xornalista de GCiencia).

Esta iniciativa forma parte do labor de AMEGA para fortalecer o ecosistema informativo propio. O ciclo conta co apoio da Xunta de Galicia e coa colaboración da Deputación da Coruña, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e as tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.