
O Concello de Porto do Son, en colaboración da Deputación da Coruña, organiza este mes de outubro un obradoiro creativo de formación en cociña de tempada. As sesións terán tamén unha importante vertente gráfica e visual, xa que se mostrará como fotografar os pratos resultantes para crear un recetario web.
Para participar requírese ás persoas interesadas ser maiores de 60 anos, estar empadroados/as no concello do Porto do Son e dispoñer de teléfono con cámara.
As clases de cociña terán lugar os días 13, 14, 15, 16, 17, 19 e 28 de outubro no Viveiro de Empresas en horario de 16:30 a 20:30 horas. As clases de edición de imaxes para o recetario web serán o 26 e 27 de outubro na Biblioteca Municipal do Porto do Son.
As prazas son limitadas e as inscricións abríronse este mércores 7 de outubro. Poderanse realizar de forma presencial no departamento de Servizos Sociais de Porto do Son.



