
O Local Veciñal de Nebra vai acoller este sábado 7 de novembro a II edición da Festa do Cocido, co obxectivo de repetir o éxito de participación e repercusión da convocatoria do ano pasado.
Haberá novamente “unhas boas doses de cocido (con todos os seus ingredientes), moito viño, moita festa e, sobre todo, moitas ganas de volver xuntarnos”, segundo informaron dende a organización.
As prazas serán limitadas e os tíckets pódense mercar de xeito anticipado no Café Bar Mariño, na Peluquería Cristina e a través dos veciños e das veciñas membros da Comisión de Festas.
A festa dará comezo arredor das 14.30 horas. O tícket inclúe bebida, viño, café e sobremesa (postre).
A Comisión tamén agasallará aos presentes con música da man do DJ Kobass. Tamén haberá bingo.
Organiza a Comisión de Festas de Nebra coa colaboración do Concello e o CM Nebra, entre outras entidades.



