“Amancio”. Xulio Xiz

06 Outubro 2026

En tempos, había un Amancio famoso, grande do futbol dentro e fóra de España, que fixo popular ese nome. Na actualidade, eu teño dous amigos que se chaman Amancio, que me provocan unha grande simpatía.
Un, cantor singular, Amancio Prada, ao que trato hai máis de catro décadas, co que me unen musica, querencias, poesía…
O outro, nin me coñece nin sabe da miña amizade, chámase Amancio Ortega.
Ortega, tan denostado polos que no cren na empresa privada, donou hai dez anos ao Sergas dezasete millóns de euros para uns artiluxios chamados aceleradores lineais para atacar cancros con rapidez, reducindo a duración dos tratamentos, e coa precisión debida para respectar a contorna da lesión.
Ata entonces, para estes tratamentos habia que ir desde Lugo a Santiago ou A Coruña.
Rodeado por ese aparato teño mestura de sensacións de cencia ficción: por unha parte o seu xiro paréceme o da estación orbital de “2.001, odisea no espazo” e por outra, os seus pitidos similares aos das máquinas alieníxenas da Guerra dos mundos.
Non adoito volver a temas de anteriores semanas, pero o meu comentario sobre “Radio” provocou tal inquedanza en moitos amigos, que teño que aclarar que só pretendía desdramatizar un tema que foi tráxico na nosa sociedade, e agora a ciencia e a técnica están dominando con avances cada vez máis notorios e benéficos.
E, tendo en conta que ás veces o mérito das institucións e profesionais está axudado por meritorias iniciativas privadas, e que cando entro no aparato en cuestión penso en Amancio, xa que nunca llo direi en persoa, aplaudo desde aquí – como se decía nos meus xogos infantís – por min e por todos os meus compañeiros.

Outros artigos

“Praias de silencio”. Xosé Antonio López Silva

Ángel González ten un fermoso poema titulado «Inventario de lugares propicios al amor». Hoxe, na vertixe desta época, seguimos a precisar ese percorrido do poeta ovetense, e quizais algúns máis: un sobre os lugares propicios para a lentitude; outro, sen dúbida, para...

+

“Desaloxos” – José Manuel Pena

A quen beneficia os desaloxos de familias vulnerables, sen alternativa habitacional? Grazas a algúns partidos da dereita política e económica os lanzamentos de vivendas habituais continúan con total alegría e desamparo xudicial. O negocio da vivenda continúa con total...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.