
O venres, 9 de outubro a Casa da Cultura (Dodro) acollerá a partir das 17.30 horas unha sesión de narración oral e monicreques arredor dos petróglifos, da man de Carmen Domenech. Trátase dunha proposta pensada para o público infantil que fixo gozar aos máis pequenos con música, diversión e aprendizaxe.
Carmen Domenech é unha recoñecida titireteira, contacontos e narradora oral galega. Orixinaria de Teo, centra o seu traballo en reinterpretar a literatura tradicional e a tradición oral a través de creacións escénicas contemporáneas dirixidas principalmente ao público familiar e infantil.
Sinopse
Indican os petróglifos onde están os tesouros? Por suposto que si. Gardan os petróglifos historias do pasado? Claro que si, milleiros de historias; moitas delas chegaron ata os nosos días. O tempo transformounas engadindo e eliminando eventos e costumes dependendo da época. Chegou o momento de que algunhas se conten de novo.
Actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña.



