O Centro Arqueolóxico do Barbanza celebra este sábado un obradoiro de petróglifos para a rapazada

30 Setembro 2026

O Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro) vai celebrar este sábado 3 de outubro en horario de tarde (de 11.30 e 17.00 horas) un obradoiro de petróglifos para rapazada de 6 a 14 anos.

A actividade encádrase na celebración do Día da Arte Rupestre e concíbese como unha sesión práctica e participativa para achegar a rapazada ao fascinante mundo da arte rupestre.

Segundo informou o Centro Arqueolóxico do Barbanza, “nesta actividade explicaremos cales son os motivos que están gravados nos petróglifos, todo isto farémolo coa axuda dunha lanterna”.

A continuación, a rapazada realizará os seus propios colgantes inspirados nos motivos da arte rupestre.

Inscrición: a actividade require inscrición previa que se pode facer a través da web do Centro Arqueolóxico do Barbanza ou mediante o código QR incluído no cartaz.

Aforo limitado a 15 prazas por sesión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.