Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que “tódolos españois teñen dereito” a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que “os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.
Que este mandado constitucional non se cumpre é tan evidente que, a realidade non se aproxima tan sequera un mínimo ao disposto na Lei de Leis que ven ser a Constitución; para elo foi necesario que, unha outra vez, centos, milleiros de cidadáns con dereito a seren recoñecidos como españois carentes dese recoñecemento implícito a dispoñer dun teito que se lle negou, sen máis, a Maricarme, inquilina dende vai setenta anos dunha vivenda alugada por seus pais no madrileño barrio do Retiro, se botaran á rúa para reclamar a efectividade dese artigo constituciional.
É tan pouco eficaz este, que nen sequera foi óbice para que a Xustiza negara a posibilidade de que Maricarme, cos seus 87 anos ás costas, se vira na obriga de abandonar a súa casa para que a Policía poidera dar cumprimento á orde de lanzamento emanada dun xulgado madrileño que para nada tivo en conta o recollido na Constitución Española no antedito artigo da Constitución Española. Que dereito ten o xuiz a non respectar o no seu día aprobado polas Cortes?. Acaso ten autoridade un xuíz para pasar por riba do que acordou o Parlamento?. Pode a Policía -por máis que dispoña dunha orde xudicial que acredite a súa actuación- ignorar a existencia dun artigo que a Constitución consagra coma un dereito inalienábel?.
Onde queda, logo, a autoridade constitucional?.



