Localizado en Boiro o condutor que se deu á fuga este luns logo de atropelar a un viandante

28 Setembro 2026

Finalmente a Policía Local de Boiro informou da localización e identificación do condutor que perpetrou un grave atropelo na mañá deste luns 28 de setembro, sobre as 7.30 horas nas rúas da localidade, para posteriormente darse á fuga. Segundo fixeron saber os axentes, o condutor foi citado para prestar declaración sobre o suceso nas dependencias policiais. A localización foi posíbel grazas á eficacia do dispositivo habilitado pola Policía Local e a Garda Civil e á colaboración cidadá (os testemuños directos das persoas que puideron ver o suceso). Ao parecer, o condutor (unha persoa de idade avanzada) tivo tempo de levar o seu vehículo a un taller de Ribeira para a súa reparación despois do atropelo, comunicando unha causa diferente dos desperfectos do seu vehículo. Segundo confirmaron os axentes, a persoa atropelada foi rapidamente trasladada ao Hospital do Barbanza e o seu estado non é grave, malia o aparatoso do accidente (chegou a ser arrastrado un treito polo vehículo que o levou por diante, sen que o condutor non puidera ou non quixera decatarse do sucedido).

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.