
Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente, quen pode acceder a unha vivenda alcanzable, sexa en propiedade ou en alugueiro, cando as cotas superan máis de 40 por cento dos ingresos das unidades familiares?
Décadas demandando medidas para protexer o Dereito á Vivenda de todos os cidadáns, nunha sociedade de libre mercado onde imperou a lei depredadora da oferta e a demanda. A vivenda, como dereito básico e fundamental, tería que estar fóra de todo isto e aprobarse unha regulación específica e valente, por parte da Unión Europea, o Goberno do Estado, as Comunidades Autónomas e os propios Concellos. Actualmente é necesaria unha intervención pública do mercado inmobiliario para evitar os abusos e a indefensión de moito pequenos propietarios e inquilinos.
Os que levan sufrindo unha inseguridade xurídica son moitos inquilinos, por culpa dos arrendamentos temporais, os pisos turísticos así como a insuficiencia de rendas para pagar regularmente os alugueiros, sen garantía dunha alternativa habitacional, por parte dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia puxo en marcha, desde hai moito anos, algúns plans para garantir as rendas deixadas de percibir aos propietarios das vivendas (seguro de falta de pagamentos de rendas), a condición de que as propiedades sexan arrendadas de acordo a un prezo razoable e taxado así como que esta se atope en boas condicións de habitabilidade.
O que non pode ser é que unha persoa estea a pagar 500 euros mensuais e da noite para a mañá quéiraselle cobrar unha renda de 2.000 euros mensuais, a isto chámase especulación e demasiada usura por parte de moito fondos de investimento, voitres, grupos inmobiliarios e grandes propietarios. A todos estes haberá que poñerlles freo para que non continúen desafiuzando a persoas vulnerables polos incrementos desorbitados e inxustos das rendas.



