O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, semifinalista nos Premios Europa Se Siente 2026

23 Setembro 2026

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza foi seleccionado como un dos nove proxectos da categoría Europa Verde dos Premios Europa se Siente 2026, entre miles de iniciativas desenvolvidas con fondos europeos.

Esta candidatura pon en valor o traballo colectivo arredor dunha xestión máis sostíbel do territorio, a prevención de incendios e o impulso da bioeconomía local. Nesta fase do certame, o apoio da cidadanía será clave para conseguir o pase á final, xa que está aberta unha fase de votacións en liña na que podemos colaborar apoiando o labor do Laboratorio.

De entre miles de iniciativas con fondos europeos, o Laboratorio foi seleccionado como un dos nove proxectos da categoría Europa Verde.

Felicitacións do Concello da Pobra

Entre os concellos da nosa comarca que salientaron o recoñecemento ao Laboratorio e a súa carreira cara a final dos premios atópase o da Pobra do Caramiñal, que lembrou que durante o pasado ano, a Concellería de Promoción Económica mantivo varios encontros co equipo responsábel do Laboratorio. Desde esta área municipal tamén se organizaron xuntanzas coas directivas das comunidades de montes para darlles a coñecer a iniciativa.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, animou a veciñanza a participar na votación e apoiar unha candidatura vinculada ao territorio para que poida avanzar á seguinte fase dos premios.

De resultar gañador, indicou, “o recoñecemento daría maior visibilidade e apoio á comunicación do Laboratorio, favorecendo a difusión dos resultados acadados e o impulso de novas fases”.

O Laboratorio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é unha iniciativa da Fundación RIA fundada polo arquitecto inglés afincado en Corrubedo David Chipperfield e do grupo de investigación HISTAGRA da USC, que naceu en 2020 co obxectivo de promover unha reactivación sostíbel do territorio a partir do coñecemento das comunidades locais. Ao longo da súa media década de andaina, o proxecto foi medrando en rede, incorporando axentes do territorio: comunidades de montes, universidades, administracións e outras entidades do terceiro sector. A Fundación RIA coordina este proxecto, integrado pola Plataforma pola Defensa del Monte, a Universidade de Santiago de Compostela (a través do CISPAC e os grupos de investigación HISTAGRA e UXAFLORES), a Universidade Pablo de Olavide, o Concello de Rianxo e a Fundación Montescola.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.