Antón Riveiro Coello presenta na súa terra de adopción (Boiro) a súa nova novela, “Os abandonos”

21 Setembro 2026

O vindeiro 25 de setembro o Centro Social de Boiro vai acoller a presentación da nova novela do escritor boirense de adopción Antón Riveiro Coello. Estamos a falar de Os abandonos, lanzado polo selo Galaxia. Será presentado no CS de Boiro a partir das 20.30 horas.

O novo libro do Riveiro Coello, que inaugura a Biblioteca Riveiro Coello, ponnos na pel de Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, cun trastorno narcisista da personalidade e un mundo de ficción no que adoita refuxiarse. Próxima aos oitenta anos, comeza tamén a padecer demencia e entra nunha situación de dependencia que altera as súas defensas e afecta profundamente a súa contorna familiar.

Escrita desde a dor e as feridas de Lucía, a novela aborda cuestións delicadas como os coidados, a vellez, a saúde mental, os abusos e a complexidade dos sentimentos familiares.

A desaparición de Delfina convértese así no punto de partida dunha historia sobre os vínculos, os silencios e as feridas que atravesan unha familia, indícase na ficha de Galaxia, que inaugura con este lanzamento a Biblioteca Antón Riveiro Coello, dedicada a un dos autores de maior prestixio da narrativa galega actual. Seguindo este fío, Galaxia lembra que a obra de Riveiro Coello foi traducida xa a varias linguas e recoñecida con numerosos galardóns, entre eles o Premio García Barros, o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa, o Premio da Crítica Española, o Premio de Narrativa da AELG, o Premio Torrente Ballester e o Premio San Clemente.

Fillo Adoptivo de Boiro

O escritor Antón Riveiro Coello foi nomeado o sábado 27 de xuño Fillo Adoptivo de Boiro nun pleno extraordinario celebrado pola Corporación municipal. A proposta foi aprobada por unanimidade de todos os grupos políticos.

O recoñecemento naceu por iniciativa dos equipos de Dinamización da Lingua Galega do municipio, que destacaron a ampla traxectoria literaria do autor como un dos referentes da narrativa galega contemporánea, o seu compromiso coa lingua galega e coa cultura da comarca do Barbanza, así como a súa contribución á proxección da imaxe de Boiro a través da súa obra, traducida a linguas como o castelán, o portugués, o italiano e o inglés.

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é un dos nomes destacados da literatura galega dos últimos anos. Articulista, poeta ocasional e escritor de relatos, é autor de novelas tan coñecidas como A quinta de Saler (finalista do Premio de Narrativa Torrente Ballester, 1999), Animalia (Premio Café Dublín, 1999), As rulas de Bakunin (Premio García Barros de Novela, 2000), Laura no deserto (Premio da Crítica Española, 2011) ou O paraíso dos inocentes (Premio Torrente Ballester, 2020), entre outras.

O escritor Antón Riveiro Coello está afincado no concello de Boiro, onde leva máis de dúas décadas residindo e traballando. Mantén dende os comezos da súa estadía no Barbanza unha intensa implicación na vida cultural da comarca, sendo ademais un dos membros destacados da Asociación Cultural Barbantia.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.