
Os escritores Mònica Richart e Samuel Solleiro estarán o 25 de setembro na Libraría Social ULA de Outes (a partir das 19.00 horas) participando nun encontro literario chamado Afinidades electivas.
Afinidades Electivas é un programa oficial que financia encontros literarios en librarías independentes de toda España. O seu obxectivo principal é impulsar a actividade destas librarías e fomentar a creación literaria, poñendo un foco especial na pluralidade e diversidade lingüística. Para iso, xúntanse autores que escriben en diferentes linguas do Estado (como o galego, catalán, castelán ou éuscaro) para dialogar sobre a súa obra.
Neste caso participan Mònica Richart García, escritora que desenvolve o seu labor na lingua valenciana, e máis o escritor e músico galego Samuel Solleiro, membro do grupo Ataque Escampe.
Neste encontro ambos conservarán acerca das súas diferentes estratexias creativas e da “complexa pero frutífera relación entre a escrita literaria e a composición de cancións”.



