Boiro Xoga (ABE) pecha a súa gran partida cunha gran festa final e máis de 500 participacións no panel de premios

20 Setembro 2026

A campaña Boiro Xoga. A gran partida do comercio local, promovida pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), pechou este sábado 19 de setembro e fíxoo cunha gran festa na praza do Concello que en palabras da ABE “confirmou o éxito dunha iniciativa que durante dúas semanas levou o xogo e a dinamización ao comercio local de Boiro”.

A xornada final reuniu a numerosas familias e participantes ao longo da tarde, cunha programación que combinou actividades para todas as idades, música, degustación de fideuá, parque de inchables e o gran Panel de Premios, que se converteu nun dos principais atractivos da tarde.

No panel de premios realizáronse máis de 500 tiradas e repartíronse 141 vales de 5 euros e 24 vales de 10 euros, ademais dos 100 xogos de Boiro Xoga dispoñíbeis no propio panel. O momento máis esperado chegou co sorteo final do bote, que ascendeu a 1.055 euros e que foi para María Florencia García Ruiz.

A festa contou tamén cunha importante participación nas actividades complementarias. Servíronse 477 racións de fideuá e rexistráronse preto de 1.000 accesos ao parque de inchábeis, que incluía diferentes propostas de diversión para os máis pequenos e unha táboa de surf mecánica.

A xornada contou coa presenza do presidente da ABE, Daniel García Dosil; do director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; e dos concelleiros de Comercio e de Asuntos Sociais do Concello de Boiro, que acompañaron á asociación empresarial neste peche da campaña.

No apartado dixital, o xogo online de Boiro Xoga rexistrou 137 xogadores e 279 partidas entre o 5 e o 19 de setembro. Os tres primeiros clasificados do ranking foron Abraham FC, Barral e Black, que recibirán cadanseu xogo de Boiro Xoga.

A participación no xogo, ademais, non remata coa campaña. O xogo físico de Boiro Xoga continúa operativo no catálogo de premios dos Puntos ABE para aquelas persoas que o queiran conseguir cos puntos acumulados a través das súas compras nos establecementos asociados, segundo confirmou a asociación boirense, engadindo que “dado o éxito da iniciativa e a demanda rexistrada durante estes días, decidimos manter o xogo no catálogo ata esgotar existencias, conservando o seu prezo actual de 300 puntos ABE.

Con esta festa final, Boiro Xoga pon o ramo á súa campaña especial, pero deixa tamén unha nova proposta de dinamización que seguirá presente nas compras locais a través dos Puntos ABE. Para a Asociación Boirense de Empresas, “a elevada participación ao longo destas dúas semanas confirma a capacidade do comercio local para xerar actividade, participación e comunidade arredor de propostas innovadoras”.

Boiro Xoga foi seleccionada pola Xunta de Galicia como unha das cinco campañas extraordinarias do programa CO300A, situando a ABE entre as entidades galegas recoñecidas por desenvolver iniciativas innovadoras de dinamización comercial por segundo ano consecutivo.

Visita do director xeral de Comercio

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu á festa final de Boiro xoga salientando que “estamos ante unha das cinco iniciativas extraordinarias que resultaron as mellor valoradas pola Xunta na convocatoria para centros comerciais abertos”. Unha convocatoria, dixo, “que permitiu apoiar un total de 56 CCA de toda Galicia cun investimento global superior aos 2,35 M€, incluídos os case 100.000 euros dirixidos a esas cinco campañas extraordinarias como recoñecemento á súa calidade, capacidade de innovación e impacto no territorio”.

No caso boirense, salientou que “durante dúas semanas o protagonismo na localidade foi para o xogo de mesa creado especificamente arredor das rúas, espazos e negocios da vila”. A clientela puido conseguir o Boiro xoga a través dun sistema de puntos e tamén participar na versión do xogo online a través da web da ABE ou dos códigos QR visíbeis nos postos que se instalaron para dar a coñecer a campaña.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.