O Museo de Artes de Ribeira entrega o Premio Atlante o gravador italiano Fabio Riaudo

19 Setembro 2026

O certame Atlante consolida a relevancia internacional do centro museístico barbancés con participantes de 13 países.

O conselleiro López Campos destacou en Ribeira o prestixio dun certame que reuniu 203 pezas de 139 artistas procedentes de 13 países.

O pontevedrés Manuel Lareo acadou o Premio Galicia e a tailandesa Kawintra Sitthichai foi galardoada na categoría de creadores novos.

O Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, en Ribeira, acolleu este sábado o acto de entrega da décimo sétima edición dos Premios Atlante de Gravado. O gravador italiano Fabio Riaudo, procedente de Turín, alzouse co galardón principal deste prestixioso certame, o Premio Ramiro Garregal Rey, nunha convocatoria que volveu evidenciar a súa pegada global ao reunir 203 obras presentadas por 139 artistas procedentes de 13 estados, incluíndo Macedonia, Tailandia, Turquía, Ucraína ou Polonia.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na entrega dos premios e destacou o prestixio internacional acadado pola cita, así como a súa achega directa “á proxección da Galicia Calidade a través da arte”. O representante autonómico gabou o “talento soberbio”, a orixinalidade e o nivel técnico das obras concurrentes, subliñando que Galicia se consolidou como “un referente ao que mirar e admirar” dentro desta disciplina.

Palmarés diverso e talento novo

Xunto ao triunfo de Riaudo, o palmarés dos Premios Atlante completouse con distincións para o tamén italiano Vittorio Venturoli, a polaca Anna Trojanoska e as creadoras madrileñas Marina Luchetti e María Pastor.

No ámbito autonómico, o Premio Galicia distinguiu o traballo do pontevedrés Manuel Lareo. Pola súa banda, o crecente interese das novas xeracións polo gravado reflectiuse no Premio Atlante para menores de 25 anos, outorgado á tailandesa Kawintra Sitthichai. O xurado concedeu ademais cinco mencións de honra que recaeron en Teresa Gómez (Barcelona), Ovidiu Petca (Romanía), Claudio Lorenzo (México), Valle Baranda (Asturias) e José María Martínez (Cádiz).

Epicentro artístico no rural

Durante a súa intervención, López Campos puxo en valor o traballo sostido do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, cualificándoo como un enclave estratéxico para o tecido cultural galego. O titular de Cultura reafirmou o apoio constante da Xunta tanto á actividade ordinaria do centro como á consolidación dos propios premios.

“Co voso traballo erixistes a Ribeira, e polo tanto a Galicia, como un dos epicentros do gravado a nivel internacional”, concluíu o conselleiro, quen fixo fincapé no papel desta institución museística como axente dinamizador cultural de primeiro nivel desde o ámbito rural.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.