Este domingo celébrase en Boiro a X edición do Trail dos Indios

18 Setembro 2026

O Club Tribu Trail celebra este domingo 20 de setembro, coa colaboración do Concello de Boiro, o X Trail dos Indios – Castelo de Vitres.

Trátase dunha proba deportiva de dificultade técnica alta ao discorrer por sendeiros e zonas rochosas, beiras dos ríos, subidas de dificultade elevada e baixadas técnicas.

“Buscamos que todas as probas se desenvolvan na contorna do Castelo de Vitres por se a insignia desta proba polo que a dificultade dos percorridos é elevada”, afirmaron dende a organización na presentación da proba, celebrada os días pasados (na que participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, xunto con Xosé María Rodríguez e Víctor López, da organización).

A proba consta de tres percorridos con distancias de 26, 16 e 10 quilómetros para as distintas categorías; ademais de carreiras para nenos e nenas de 2,5 e 1,2 quilómetros; forma parte do Campionato de Clubs e Copa da Xunta de Galicia e puntuará para o mesmo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

A honestidade está a converterse nun ben escaso, na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados “personaxes” da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.