O Concello de Noia asina convenios de colaboración Cáritas, a Coral Polifónica, A Creba e ADECO-DEA

18 Setembro 2026

O Concello de Noia materializou esta semana o seu apoio ás entidades sociais que fan comunidade. Fíxoo coa sinatura dos convenios de colaboración co tecido asociativo, apoiando o traballo que desenvolven durante todo o ano entidades que, en palabras do Concello, “son fundamentais para a vila e o termo m municipal”. .

Nesta ocasión, os convenios corresponden a Cáritas Noia, polo “seu labor de atención e apoio ás persoas e familias que máis o necesitan”, a Coral Polifónica de Noia, pola súa “contribución á promoción da música, da cultura e da vida cultural da nosa vila”, a Asociación Pro Saúde Mental A Creba, polo “seu traballo a prol da saúde mental, da inclusión e da mellora da calidade de vida das persoas”, e a ADECO-DEA, por traballar arreo na promoción do deporte adaptado e facilitando que todas as persoas poidan gozar da actividade física e do deporte.

Desde o Concello agradecen o traballo, compromiso e dedicación de todas estas entidades e das persoas que forman parte delas.

Outros artigos

Este sábado comeza a nova edición da Festa da Valvanera en Nebra

O verán está a piques de dicir adeus pero na comarca aínda quedan cousas por celebrar en materia festiva. Por exemplo na parroquia sonense de Nebra, que esta fin de semana (e parte da seguinte) celebra a edición 2026 das súas Festas da Valvanera, entre o sábado 19 e o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

A honestidade está a converterse nun ben escaso, na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados “personaxes” da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.