“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

18 Setembro 2026

A honestidade está a converterse nun ben escaso, na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados “personaxes” da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e excesos. Viven nun mundo creado por eles e para eles, onde non teñen cabida o resto de mortais que se dedican, entre outras cousas, a traballar para subsistir, cun pouco de sorte.

Cando, algúns deles, son condenados, por sentenzas xudiciais firmes, a culpa sempre é dos demais ou do propio sistema. Sistema, por certo, do que se aproveitan para vivir como marqueses, sen pegar pau. Que se preocupen os demais “pobres diaños” das inxustizas sociais e dos cidadáns máis indefensos. Eles xa teñen bastante con pensar onde viaxar, nas súas longas vacacións, ou a que restaurante, “estrela michelín”, ir cear, un día si e outro tamén, ou a que país dirixirse en busca de turismo sexual ou simplemente estudar que último modelo de turismo poder axenciarse. A ética bríllalles pola súa ausencia, aínda que en demasiadas ocasións permiten a licenza egocéntrica de querer ser exemplo para os demais.

Oírlles dicir, publicamente, que o único que lles preocupa son a súa familia e seres queridos xa demostra a escasa empatía e sensibilidade cara ao resto da sociedade que lles rodea. Non pensan máis que neles mesmos e no seu status, que desexan manter custar o que custe, a través de paraísos fiscais, estafas, corrupción, difamacións, especulación e de todo tipo de delitos e malas prácticas.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.