O Concello de Noia organiza unha nova edición da súa andaina solidaria contra o cancro

17 Setembro 2026

Dende o Concello de Noia e a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro veñen de anunciar unha nova edición da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro que se levará a cabo este sábado 19 de setembro co obxectivo de superar as máis de 1.300 persoas participantes da pasada edición co fin conxunto de dar apoio á loita contra a enfermidade. Engadir que a xornada contará tamén cunha actividade aberta de zumba ás 12 horas diante da Casa do Concello.

Na presentación participaron a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Sandra González; a presidenta da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro, Sara Lojo; a integrante da súa directiva Teresa Suárez e Belén Arroniz, en representación da asociación de empresarios Noia Histórica.

Pola súa banda, a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Sandra González, salientou a importancia de que “Noia volva demostrar a súa capacidade de mobilización arredor dunha causa que nos toca moi de preto a todos e todas”, e puxo en valor unha xornada que une solidariedade, convivencia e promoción de hábitos de vida saudábeis.

A presidenta da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro, Sara Lojo, animou a toda a cidadanía a participar na andaina e a contribuír a que Noia volva amosar o seu compromiso coa loita contra o cancro, co apoio ás persoas afectadas e ás súas familias e coa investigación.

A programación comezará xa pola mañá. Ás 12 horas celebrarase unha actividade de zumba aberta a todas as persoas que queiran participar diante da Casa do Concello, como antesala dunha xornada marcada pola participación e a solidariedade.

A andaina partirá ás 17 horas desde a Alameda de Noia e contará cun percorrido aproximado de 3 quilómetros, que discorrerá pola Alameda, o casco histórico e o paseo marítimo antes de regresar ao punto de partida.

O prezo da inscrición é de 8 euros para persoas adultas e 5 euros para nenos e nenas de até 12 anos. Ademais, aquelas persoas que non poidan participar pero desexen colaborar coa iniciativa poden facelo mediante o dorsal solidario.

A recollida de dorsais realizarase o propio sábado entre as 11 e as 16.30 horas na Alameda. A organización avanza tamén que haberá diferentes sorpresas ao remate da andaina.

Desde o Concello de Noia, a Asociación Española Contra o Cancro e Noia Histórica faise un chamamento á veciñanza de Noia e de toda a comarca para participar e volver encher as rúas de solidariedade e apoio á loita contra o cancro.

En canto aos puntos de inscrición, sinalar que as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición en 24 establecementos colaboradores de Noia e da comarca.

Noia: Mi Casa, Mundiart, El Jardín, Bazar Marucha, Chepi, Pisa Morena, María Durán, Lamas, Clavel, Rosita Moda, Lum, Anelos, Monchel, Petisco, Óptica Boa Vista, Larrondo, Rekord Sport, Casais e Calzados Viñas.

Serra de Outes e O Freixo: Bar A de Vila (O Freixo), Libraría e Agasallos Pimpiño (rúa A Capela, Outes), Decoración e Regalos Deco-lar (rúa A Capela, Outes), Ula Libraría Social (rúa A Capela) e Floristería A Xerra (avenida de Fisterra, Outes).

A inscrición tamén pode realizarse en liña a través da web da Asociación Española Contra o Cancro, así como mediante o código QR incluído no cartel oficial da actividade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Pioneros del cielo gallego”. Alberto Barciela

“Pioneros del cielo gallego”. Alberto Barciela

El lexicógrafo Eladio Rodríguez López, en su célebre diccionario editado por el Centro Gallego de Caracas, dejó anotada una de esas perlas que invitan a tirar del hilo de la historia. Al definir la palabra «aviación», aludía a un vecino del ayuntamiento lucense de...

“O poder dos criados”. Xosé López Silva

“O poder dos criados”. Xosé López Silva

Na Alexandría do I d. C. Herón describiu unha esfera que xiraba impulsada polo vapor da auga. Antes ca el, Ctesibio construíra bombas, autómatas e un órgano hidráulico. Algúns dos grandes elementos da física aplicada estaban alí: a presión, o émbolo, o movemento...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.