O BNG levará a debate no Congreso o reforzamento das oficinas galegas do ISM

17 Setembro 2026

A Comisión de Traballo e Seguranza Social do Congreso debaterá o vindeiro martes 22 unha Proposición Non de Lei do BNG que insta ao Goberno “a manter abertas todas as oficinas do ISM na Galiza e reforzar o persoal para prestar un servizo de calidade aos traballadores e traballadoras do mar”.

O BNG advirte da “situación de paulatino desmantelamento, redución de servizos e dificultade de acceso” nestas dependencias, unha situación que segundo lembra a agrupación vén sendo denunciada polo sector de forma reiterada nos últimos anos. “É patente a perda progresiva de persoal, especialmente nos últimos dous anos, que mesmo levou ao fechamento dalgunhas oficinas do ISM, como a de Camariñas ou Corcubión” declara o deputado Néstor Rego.

Para o grupo as deficiencias multiplícanse: “Estariamos a falar dunha continuada redución do cadro de persoal das súas oficinas, falta de oferta de prazas nos cursos, mesmo nos que son obrigatorios, falta de persoal sanitario para facer os recoñecementos previos ao embarque, entre outros problemas que só se explican polo desleixo do Goberno na planificación e investimento suficiente para o mantemento do servizo así como nunha infradotación de persoal”.

A todo isto, din, engádese o feito da entrada en vigor do novo Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima, que entrou en vigor o 15 de agosto, e impón unha serie de cambios administrativos que obrigan ao despacho dixital. “Para poñer isto en marcha cómpre un proceso de formación e de adaptación para os milleiros de traballadores do mar”, informou o BNG, engadindo que “hai máis de 18.000 afiliados e afiliadas ao réxime especial do mar na Galiza”.

Neste sentido, BNG demanda que se cubra todo o persoal dos distintos centros, mais especialmente o facultativo dos centros de sanidade marítima para evitar demoras nos embarques. Así mesmo, resulta fundamental aumentar o número de prazas e mellorar a xestión dos cursos ofertados polo ISM, sobre todos dos que son obrigatorios, ao tempo que se retomar a contratación directa do profesorado o que facilitará o acceso ás persoas traballadoras do mar. Por último, para facilitar a adaptación ao despacho dixital habilitar formación e a prestación de asistencia nesta nova tarefa por parte do ISM e das capitanías marítimas.  

O deputado no Congreso Néstor Rego

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.