Xoves 17, nubes con mais claros a medida que avance o día

16 Setembro 2026

Galicia continuará nunha situación intermedia entre as altas presións localizadas nos Azores e as baixas presións que se desprazan máis ao norte. Con esta situación, teremos máis nubes no norte, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais, que tenderán a remitir co avance do día. No resto, os ceos estarán máis abertos, con presenza de nubosidade de tipo alto. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos (21 a 24 graos). Os ventos soprarán frouxos do norte-nordés, con intervalos moderados no litoral atlántico.

meteogalicia


o noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá, 5 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.