
A Casa da Cultura de Dodro vai acoller este mes de setembro unha xornada de formación arredor dos autocoidados, organizada por Dano Cerebral Galicia (coa colaboración do Concello) o día 29 a partir das 17.00 horas. Trátase do Obradoiro de Autocoidado para Coidadoras de Persoas con DCA (Dano Cerebral Adquirido).
Respecto dos porqués da xornada, o Concello explica que “coidar doutra persoa é unha tarefa fundamental e moi estendida, pero tamén pode ser esixente e levar consigo unha importante carga física e emocional; por iso coidarse e saber onde atopar apoio tamén forma parte do coidado”.
No obradoiro falarase sobre o DCA, a dependencia e a discapacidade, sobre o que significa coidar, como previr a sobrecarga e os recursos e servizos que poden axudar nesta tarefa.
As persoas asistentes recibirán un certificado de superación da formación.
Colaboran na organización da xornada as seguintes entidades: o Concello de Dodro, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, o Grupo Tragsa e a Deputación da Coruña.
29 de setembro | 17:00-19:30 h | Casa da Cultura de Dodro
Inscricións: Servizos Sociais do Concello de Dodro — 981 802 466




