A Arquidiocese de Santiago de Compostela estrea nova identidade visual con raíces históricas e o galego como referencia

10 Outubro 2026

Monseñor Francisco José Prieto presentou o deseño en San Martiño Pinario, concibido para unificar os distintos organismos diocesanos ás portas do vindeiro Ano Santo.

A Arquidiocese de Santiago de Compostela presentou este venres en sociedade a súa nova imaxe corporativa, un proxecto integral co que procura cohesionar visualmente a todas as súas comunidades, parroquias e organismos pastorais baixo unha mesma identidade compartida. O acto, celebrado na Sala San Felipe Neri de San Martiño Pinario, reuniu a vigairos, delegados e persoal da curia diocesana.

Durante a intervención, o arcebispo compostelán, monseñor Francisco José Prieto Fernández, subliñou que esta renovación pon no centro «ás persoas e ás comunidades». O prelado explicou que a iniciativa transcende a creación dun simple logotipo para consolidar unha linguaxe común que respecte a diversidade e singularidade de cada área pastoral ou entidade de acción social, reforzando ao tempo o sentimento de pertenza a unha soa Igrexa diocesana.

Simboloxía: Cruz, camiños e o resucitado

O novo emblema parte estruturalmente da Cruz e inspírase na estrela que sinalou o sepulcro do apóstolo Santiago. Os seus trazos radiantes representan os camiños de peregrinación e as distintas realidades da diocese, combinando liñas que conflúen cara ao interior en sinal de acollida e comunidade, á vez que se abren cara a fóra para evocar a fe compartida.

O conxunto inscríbese nunha mandorla —figura amendoada propia da tradición artística cristiá que sitúa a Cristo resucitado e a Eucaristía no centro— e compleméntase co nome institucional en lingua galega: Arquidiocese de Santiago de Compostela. A paleta cromática aposta polo ocre (evocación da pedra e a permanencia), o crema (calidez e luz) e un azul purpúreo que remite ao azul tradicional galego xunto cun matiz de frescura e espiritualidade.

Un sistema visual coherente para a contorna dixital e física

O desenvolvemento do proxecto correu a cargo da axencia Costa. A súa directora de deseño, Belén Gómez de las Heras, detallou que a encarga xurdiu da necesidade de corrixir a dispersión gráfica acumulada ao longo dos anos, permitindo que as entidades con identidade propia poidan convivir de maneira ordenada coa marca matriz.

Tras unha fase previa de análise da historia e necesidades dos organismos diocesanos, deseñouse un sistema visual flexible e contemporáneo baseado en liñas sinxelas e tipografías homoxéneas. A nova imaxe implementarase de xeito progresivo en papelería oficial, sinaléctica, cartelaría, redes sociais e soportes dixitais, co obxectivo de acadar unha comunicación máis clara, accesible e próxima ante os retos do vindeiro Ano Santo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.