O Porto do Son e Outes contarán con novos centros de maiores

16 Setembro 2026

O Consello da Xunta desta semana informou dun proxecto de residencias de maiores que “permitirá crear 1.800 novas prazas” a través de 25 novos centros, dous dos cales estarán situados no Porto do Son e en Outes.

En termos xerais (a nivel galego), incrementarase a oferta actual de prazas residenciais en Galicia e a previsión é xerar un milleiro de postos de traballo, informou o Goberno autonómico, engadindo que “estes novos centros estarán distribuídos en concellos de menos de 25.000 habitantes que ata o momento non dispoñen de prazas residenciais públicas para persoas dependentes (graos II e III), coa finalidade de procurar a máxima cobertura e achegar estes recursos á cidadanía”.

Este proxecto desenvolverase mediante unha fórmula de colaboración público-privada na que a Xunta garante que “como mínimo o 60% das novas 1.800 prazas sexan de titularidade pública autonómica”, engadiu o Goberno galego.

Na provincia da Coruña as novas residencias estarán na zona Noia-Barbanza, cun centro principal no Porto do Son e outro de menor tamaño en Outes.

Tras o anuncio, o alcalde sonense, Luis Oujo, agradeceu “a disposición da Xunta para poder facer realidade unha gran demanda” e destacou que “para o bo ou para o malo, a poboación cada vez está máis envellecida e agora hai moita necesidade deste tipo de instalacións”.

Lembrou que o Concello do Porto do Son dispón dun terreo público de 14.000 metros cadrados situados fronte ao centro de día, “que está entre Portosín e O Porto do Son, moi preto da estrada” e que “ten unha localización espectacular, a carón da praia de A Aguieira, nun sitio estupendo para pasear por aí coas pasarelas ou ir ata o areal”, destacou o rexedor.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.