“O auto da Audiencia Nacional non pon remate ao proceso da traxedia do Villa de Pitanxo”. Antón Luaces

16 Setembro 2026

Un auto dictado polo Tribunal Supremo desestima os recursos de queixa presentados por familiares dos finados no naufraxio do arrastreiro de Marín “Villa de Pitanxo” contra a decisión da Audiencia Nacional de denegar a interposición dun recurso de casación co que pretendían que o proceso por esta traxedia se tramitase coma un procedimento sumario, no canto dun abreviado.

O TS lembra na súa resolución que os autos da Audiencia Nacional só,poden ser recorridos en casación cando a lei así o autorice ou cando sexan autos definitivos que poñan remate ao proceso.

No caso do “Villa de Pitanxo” , lembra o alto tribunal que a Audiencia Nacional acordara continuar o proceso polos trámites do procedimento abreviado, mais o seu non foi un auto definitivo porque “non pon fin ao proceso, senón que permite que este continúe cara a fase intermedia e, eventualmente, ao xuizo oral”.  

Deste xeito, a petición das familias non encaixa ba lei enxuizamento criminal, senón que se trata dunha “cuestión de estrita legalidade ordinaria”. Polo tanto, o auto da Audiencia Nacional non pon fin ao proceso e “a lei non da cobertura expresamente á casación fronte a este auto”, xa que logo a casación “non se pode converter nunha vía que poida utilizarse en calquera caso e fronte a calquera tipo de resolución so pena de facer que excedan a súa función e contido”. 

Pola outra banda, o Supremo clarexa tamén que “non existe un sobreseimento encuberto”, e que tampouco existe un dereito “a que sempre e en calquera caso a lñatrte acyusadira seleccione e elixa o procedimento que se debe seguir no seu trámite”.

Os familiares dos mariñeiros falecidos no naufraxio solicitaran a transformación en procedimento de sumario ao coidar que houbo dolo eventual, é dicir, que o patrón e a casa armadora eran conscientes de que os incumprimentos  que lles atribúen poderían ter como consecuencia o afundimento do buque.

Tanto a representación da armadora Nores como a do patrón do barco, José Enrique Padín, e máis a Fiscalía, opuxéronse aos recursos de queixa. A decisión do Supremo  é firme e, polo tanto, fecha a porta ao recurso en casación e confirma, como diciamos, a tramitación como procedimento abreviado.   

…

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.