Rueda visita as obras de ampliación da ETAP de Padrón, que incrementa nun 40% a súa capacidade e abastece ao Barbanza, Arousa e Sar

15 Setembro 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Padrón, unha mellora que nas súas palabras “supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga para consumo de calidade á cidadanía da contorna”. Estas instalacións prestan servizo a preto de 90.000 veciños de nove concellos do entorno do río Ulla e da marxe dereita da ría de Arousa (Barbanza-Arousa), cun horizonte de garantía fixado no ano 2044.

Durante a visita ás instalacións remodeladas, na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e polos alcaldes dunha chea de concellos da contorna, o titular do Executivo autonómico puxo en valor “o esforzo conxunto que fixo posíbel esta actuación, na que a Xunta investiu 10,5 millóns de euros para modernizar e dimensionar unha infraestrutura hidráulica clave que levaba 30 anos en funcionamento”, sinalou.

Con esta actuación, a planta pasa de tratar 450 a 630 litros por segundo, o que supón un incremento do 40% na súa capacidade. Así, os traballos permiten dar resposta ás necesidades de abastecemento de Padrón, Pontecesures, Dodro, Valga, Catoira, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, ademais de deixar preparada a rede para prestar apoio a Vilagarcía de Arousa no caso de que fose necesario.

Protección ambiental

Rueda lembrou que “esta intervención inclúe un salto cualitativo na protección ambiental do río Ulla e da propia ría de Arousa, coa incorporación dunha nova liña de tratamento de lodos —que ata agora non existía— e a implantación dun sistema de recuperación e reutilización da auga de lavado dos filtros”.

Alfonso Rueda, que convidou a reflexionar sobre o uso eficiente da auga, puxo esta actuación como “exemplo de que as infraestruturas hidráulicas teñen que pensarse con visión supramunicipal”.

A actuación encádrase no espírito do Plan Estratéxico de Recursos Hídricos de Galicia (PEREGA), cuxa finalidade é optimizar e conectar os sistemas hidráulicos xa existentes, reducir perdas na rede e garantir a eficiencia no consumo antes de buscar novas captacións de auga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.