A organización Stop Deshaucios Ribeira compartiu un comunicado no que reclama á Xunta e ao Concello de Ribeira máis vivenda a prezos accesíbeis para as familias vulnerábeis do termo municipal e da comarca. En concreto, este martes 15 de setembro a plataforma anti-desaloxos do Barbanza emitiu unha petición na que pon o foco no terreo 100-115 da avenida da Coruña, en Santa Uxía, un predio de solo sen edificar que é propiedade da empresa Casa 47.
A organización Stop Deshaucios sinala que o Concello ou a Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia deberan solicitar a construción de vivendas públicas para as persoas ou familias vulnerábeis”. O resultado, indican, sería inmóbel con 80 vivendas que poderían achegarse en réxime de alugueiro social por un período máximo de 80 anos.





