Este martes 15,unha fronte polo norte traerá risco de chuvias e un descenso das temperaturas

14 Setembro 2026

Unha fronte pouco activa entrará polo norte de Galicia este martes, Nosa Señora das Dores, provocando a retirada do aire cálido e deixando ceos anubrados con risco de precipitacións durante o serán nesa metade e na comarca de Santiago, mentres que na costa predominará o tempo con nubes e claros e maís despexado canto máis o sur.

Os termómetros sufrirán unha baixada moderada que se fará notar sobre todo nos valores máximos de toda a franxa setentrional da comunidade (máximas de 24 a 28 graos).

O vento manterá a compoñente norte con intensidade frouxa nas primeiras horas para logo subir a intensidade moderada co avance da xornada e rexistrar refachos fortes na costa pontevedresa.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 4 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eres rico y millonario” – Manuel Domínguez

“Eres rico y millonario” – Manuel Domínguez

Eres rico, millonario y yo te lo recuerdo. Tu vecino Antonio desde aquel día jamás volvió a sonreír, fue el día en que su hijo se marcho de forma voluntaria. A ti te escucho hablar de la felicidad de los matrimonios de tus hijos, y la felicidad sale de tu rostro. Tu...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.