Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

14 Setembro 2026

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario festivo da Pobra do Caramiñal.

Con máis de catro décadas de traxectoria, Ambar traballa desde 1982 na comarca do Barbanza para promover a autonomía, a independencia e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional. O seu labor contribúe a eliminar barreiras e a favorecer a participación plena na comunidade.

A Comisión de Festas e o Concello da Pobra do Caramiñal destacan “o compromiso da entidade coa inclusión e poñen en valor a importante función social que desempeña na contorna”.

Tamén animan á veciñanza a acompañar a Ambar nesta cita e a compartir o inicio das Festas do Nazareno.

Quen queira coñecer máis sobre a entidade, os seus proxectos e o traballo que desenvolve pode visitar a súa páxina web: asociacionambar.org.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.