“CRÓNICAS RIBEIRENSES: Terra de pintores con recendos salgados”. Antón Luaces

14 Setembro 2026

A actualidade cultural de Ribeira ten antecedentes no eido pictórico aos que, en contadas ocasións, botamos man para recoñecer un pasado non moi lonxano que non sei en que medida pode ter influido no feito de que, a día de hoxe, sexa un importante referente na comarca do Barbanza no que atinxe á expresión pictórica que, dito sexa de paso, un mestre compostelano afincado na cidade, Juan Emilio Álvarez de Prado, soubo como poucos trasladar a moitos dos seus alumnos, e que estes asumirçan a necesidade de facer chegar aos seus concidadáns posteriormente.  

Gardo na memoria -un xa ten anos dabondo para este recurso que nos queda cando levamos cambiado follas e follas do calendario da nosa vida- traballos publicados ou exhibidos por. entre outros,  Tucho Roibal -excelente debuxante e pintor-, Romero, Pepe Núñez (un moi prezado caricaturista), Xoan Fernández (que gañou renome na Europa nórdica após o éxito por el acadado en distintas exposicións realizadas Galicia adiante) ou Fidel Vidal (retratista e pintor), e anteriormente, Manuel Ayaso Dios (pintor expresionista e surrealista finado aos 89 anos en 2023, posuidor de numerosos premios internacionais).

Ribeira ten hoxe en día salas de exposicións coas que, nen moito menos, contaba hai pouco máis de 25 anos; sen embargo soubo crear espazos que, en boa medida, contribuiron  -e contribúen- a manter vivo o sentido creativo da veciñanza e permite que se manteñan exposicións permanentes e itinerantes que dan carácter a esta cidade arousán que moi ben se pode gabar do seu recente pasado.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.